Programacion Nadal Melón 2019 cativos

O concello de Melón organiza e colabora con diferentes actividades para os mais cativos.

Apoiamos as iniciativas do Colexio e da ANPA C.E.I.P. de Quins nas actividades propostas como a Excursión a aula CEMIT de A Cañiza organizada pola ANPA C.E.I.P. de Quins, para que os nenos teñan unha reunión por videoconferencia con Papá Noel e poidan Pedirlle os regalos.

Colaboramos tamén co Colexio coordinando a Visita de Papa Noel para que poidan entregarlle os nenos as súas cartas en persoa o mesmo día que celebran o festival de Nadal.

Organizamos o I Concurso de Tarxetas de Nadal con vales para material escolar para aqueles nenos que resulten gañadores.

Organizamos a Xogoteca de Nadal para os cativos e a Excusión a Pazolandia. Este ano como novidade introducimos unha actividade pola tarde para os nenos, onde poderán ver unha película infantil e xantar todos xuntos en Ourense.

O Concello de Melón quere apostar dende o minuto 1 polos nosos cativos.