Skip to content Skip to footer
RUTA MELÓN

CAMIÑO MEDIEVAL

📍 Ruta: Entre Abadías – Melón · A Cañiza · A Franqueira

📏 Distancia: 23–24 km
📈 Desnivel: Entre 459 m e 692 m
⚙️ Dificultade: Moderada
⏱️ Tempo estimado: Entre 6 e 7 horas

📝 Descrición:
Ruta histórica que segue un antigo camiño medieval que unía dous mosteiros emblemáticos: o Mosteiro de Santa María de Melón e o santuario da Franqueira, na Cañiza. Recuperada e sinalizada nos últimos anos, esta ruta permite revivir un percorrido tradicional de peregrinaxe e intercambio entre abadías, atravesando fermosos paisaxes de montaña e pequenas aldeas. No traxecto poderedes visitar lugares de gran interese como o Mosteiro de Melón, a ponte medieval, o Cruxal, A Edreira, Seoane e San Bieito. A senda combina tramos de bosque autóctono, antigos camiños empedrados e amplas vistas cara á Serra do Faro e o val do Miño. Unha ruta que mestura natureza, historia e espiritualidade, ideal para quen busca unha experiencia máis longa e inmersiva na contorna rural galega.

Resumen privacidad

RESPONSABLE

CONCELLO DE MELÓN

CIF: P3204700C

Dirección: Rúa Calvo Sotelo, 1, 32411 Melón, Ourense

Teléfono: 988 481 620

Correo Electrónico: concello@melon.gal