O Nadal chega a Melón cunha completa programación que inclúe varias actividades dirixidas aos protagonistas destas datas, os máis cativos. Dende eventos culturais ata iniciativas solidarias e de dinamización social, o programa está deseñado para encher de maxia e tradición esta temporada festiva.
Visita do Apalpador ao Punto de Atención á Infancia e ao CEIP de Quins. Traerá caramelos para os máis pequenos! 
Representación teatral: «Laia, aprendiz de maga» pola compañía Animar-T Teatro.
Excursión a Pazolandia. Un día cheo de diversión! 
Campamento de Nadal no local da Asociación de Veciños de Quins. Mañás cheas de diversión! 
Visita dos nenos e nenas do Campamento de Nadal á Residencia Xeriátrica de Melón para compartir momentos especiais. 
O Concello de Melón convida a todos a participar e gozar dun Nadal cheo de maxia e diversión. 

