O Nadal chega a Melón cunha completa programación que inclúe varias actividades dirixidas aos protagonistas destas datas, os máis cativos. Dende eventos culturais ata iniciativas solidarias e de dinamización social, o programa está deseñado para encher de maxia e tradición esta temporada festiva.
🎅 Día 20 de Decembro:
Visita do Apalpador ao Punto de Atención á Infancia e ao CEIP de Quins. Traerá caramelos para os máis pequenos! 🍬
🎭 Día 28 de Decembro:
Representación teatral: “Laia, aprendiz de maga” pola compañía Animar-T Teatro.
🕕 Ás 18:00 no local da Asociación de Veciños de Quins.
🚸 Día 30 de Decembro:
Excursión a Pazolandia. Un día cheo de diversión! 🎢
🎄 Do 23 de Decembro ao 3 de Xaneiro:
Campamento de Nadal no local da Asociación de Veciños de Quins. Mañás cheas de diversión! 🎨
🤝 Día 2 de Xaneiro:
Visita dos nenos e nenas do Campamento de Nadal á Residencia Xeriátrica de Melón para compartir momentos especiais. ❤️
📍 Non perdas ningunha das nosas actividades!
O Concello de Melón convida a todos a participar e gozar dun Nadal cheo de maxia e diversión. 🎄✨